" El mundo de Gomoluta"

viernes, 16 de febrero de 2024

MALAS SEMILLAS

He comprado pecados

para usarlos cuando lo crea oportuno;

semillas 

para plantar la duda

y varios sacos de mal

con opción a elegir

entre el exilio y la hambruna.

Soy el señor de la guerra,

siniestro caballero

de elegante presencia,

hermano de la destrucción 

y la miseria.

Camino de la mano

de la desgracia

y la adversidad es mi bandera.

No conozco la compasión.

Soy un mercader del dolor,

un verdugo despiadado

que ejecuta sin piedad

la poca ternura 

que todavía alberga la humanidad. 


miércoles, 14 de febrero de 2024

A VECES

A veces siento ganas

de que estalle tu cabeza

contra el mármol

y se convierta en piedra.

A veces deseo

que una fina línea

de hilo caliente

resquebraje tu cuerpo

dividiendo en dos tus músculos,

tus huesos

y hasta las puntas de tus dedos

y contigo muera el veneno

que fluctúa por tus venas.

viernes, 26 de enero de 2024

LA DANZA DE LOS TÍTERES

Masas serviles

de seres grotescos

moldeados como barro.

Bailan los títeres

de un lado a otro del escenario

según la canción que les toquen.

Sonámbulos,

hipnotizados por una voz

que les marca el ritmo,

se dirigen como autómatas

hacia la meta definida

guiados por quienes 

mueven sus hilos. 



lunes, 22 de enero de 2024

RAPOSA

O neno gaveou

polo muro de pedra;

no outro lado

ouveaba a raposa

chamando o seu cachorro.

A raposa 

derramaba bágoas

na eternidade, 

transformadas co paso dos séculos

en océanos bravos

para os mariñeiros.

O neno mirouna,

mirou a raposa

encollida no chan.

Como tiña mágoa dela

preguntoulle sen reparos:

_ ¿ Raposa, lévasme 

contigo que non teño

quen me coide

dende que as túas bágoas

enguliron ó meu pai

que faenaba co sua barquiña

no medio do mar?








jueves, 18 de enero de 2024

O MEDO E A MORTE

Pecha as fiestras meu ben,

o medo xa peta na porta.

Bate a morte 

no lombo do anxo,

do crego, do santo;

resgárdate no fogar meu ben

o medo xa chegou

para recollerte antes da medianoite. 

A carón do lume

quere bailar canda ti,

trebellar co teu cabelo

vermellón

debuxando lendas

nas flores da túa saia.

¿Mesturaste co medo

nesta noite de lúa chea?

Medo e morte

bailando xuntos

coma namorados

nas frías noites de xaneiro.







domingo, 14 de enero de 2024

BERCE

Berce que choras baleiro

polo neno perdido,

non chores máis;

o neno espertou 

coa treboada

e a súa nai 

deulle abrigo no seu colo

ata que chegou o abrente.

O meu neno tiña medo

o meu neno tiña fame,

os trasgos da noite

roubáronlle o leite

e o axóuxere de ouro.

O neno chamou á nai;

os trasgos da fraga

facíanlle cóxegas

nos pés

coma un pequeno exército

de formigas.

A nai 

colleu o neno do berce,

do berce branco

que o garda celoso

dos brazos da súa nai.




sábado, 13 de enero de 2024

OLLOS NA TERRA

Terra,

os meus ollos 

non te esquencen.

Chamasme ferida

dende moi lonxe

e a túa dor 

queda cosida ó meu pescozo

coma unha segunda pel.

Terra ferida de morte

fenece nos meus brazos

e revive chea de gozo

no corazón do pobo

que canta incansable

cantigas de loita

para a terra mollada

que latexa de novo 

sostida coas mans 

tenras

dos seus fillos de peito.





 

FIN

La luz que ilumina las mañanas es la misma para todos,  pero nunca será dos veces igual para nosotros.  Pre-implantes de un futuro sobreactu...