" El mundo de Gomoluta"

Mostrando entradas con la etiqueta poetas galegos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poetas galegos. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de junio de 2024

A MORTE E O SEU SÉQUITO

A morte pasea

polo xardín;

non vai soa, 

o seu séquito predilecto

de finados

acompaña a nosa dona.

Leva unha saia de flores

e un delantal de liño

tan longo

que lle fai cóxegas

nos seus enfeitizados pés.

Co cabelo recollido

lucindo un sombreiro de palla

a morte fermosa

percorre os xardíns

mofándose dos vivos.



lunes, 10 de junio de 2024

LEMBRANZAS

Eu son a verba

da túa nai, a lembranza

dun tempo esquecido,

das rúas molladas 

camiño da escola. 

Eu son a néboa

que asubia cantigas

na túa fiestra, 

o candil dos mortos,

un caderno

ateigado de recordos

durmindo no medio 

do chan. 

lunes, 22 de enero de 2024

RAPOSA

O neno gaveou

polo muro de pedra;

no outro lado

ouveaba a raposa

chamando o seu cachorro.

A raposa 

derramaba bágoas

na eternidade, 

transformadas co paso dos séculos

en océanos bravos

para os mariñeiros.

O neno mirouna,

mirou a raposa

encollida no chan.

Como tiña mágoa dela

preguntoulle sen reparos:

_ ¿ Raposa, lévasme 

contigo que non teño

quen me coide

dende que as túas bágoas

enguliron ó meu pai

que faenaba co sua barquiña

no medio do mar?








sábado, 13 de enero de 2024

OLLOS NA TERRA

Terra,

os meus ollos 

non te esquencen.

Chamasme ferida

dende moi lonxe

e a túa dor 

queda cosida ó meu pescozo

coma unha segunda pel.

Terra ferida de morte

fenece nos meus brazos

e revive chea de gozo

no corazón do pobo

que canta incansable

cantigas de loita

para a terra mollada

que latexa de novo 

sostida coas mans 

tenras

dos seus fillos de peito.





 

FIN

La luz que ilumina las mañanas es la misma para todos,  pero nunca será dos veces igual para nosotros.  Pre-implantes de un futuro sobreactu...