" El mundo de Gomoluta"

Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega.. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de julio de 2024

LOBO DE MAR E OUTRAS PERSONAXES FANTÁSTICAS

Quero atopar a miña antagonista;

o meu corazón 

que ruxe coma un lobo de mar

sospeita da súa presenza.

Quero atopala

facendo trasnadas nas feiras;

vixia-la mentres visita

os cruceiros

nas noites de novembro.

Ela baila

fuxindo polos camiños,

xogando coas ramas

e a herba;

eu tamén quero bailar

coma ela

e adorar o seu rostro divino

de muller galega.

jueves, 18 de enero de 2024

O MEDO E A MORTE

Pecha as fiestras meu ben,

o medo xa peta na porta.

Bate a morte 

no lombo do anxo,

do crego, do santo;

resgárdate no fogar meu ben

o medo xa chegou

para recollerte antes da medianoite. 

A carón do lume

quere bailar canda ti,

trebellar co teu cabelo

vermellón

debuxando lendas

nas flores da túa saia.

¿Mesturaste co medo

nesta noite de lúa chea?

Medo e morte

bailando xuntos

coma namorados

nas frías noites de xaneiro.







FIN

La luz que ilumina las mañanas es la misma para todos,  pero nunca será dos veces igual para nosotros.  Pre-implantes de un futuro sobreactu...