" El mundo de Gomoluta"

Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de junio de 2024

FORAXIDO

Eu fun noutra vida un foraxido

con arma de pedra, guerreiro

sen terra, na procura

dun legado descoñecido.

Nacín do ventre dunha meiga

baixo a mirada da lúa chea

nunha noite de conxura.

A miña infancia

discurriu entre o ceo 

e a terra, unxido na maxia

das poboadoras primixenias,

sanadoras da alma

e oradoras de lendas.

Pai dos apátridas 

que buscan a súa orixe

na terra dos bardos;

rei dos homes sen lei,

teimados e valerosos;

fillos da terra soñada

que levamos a súa pegada

gravada na nosa pel. 


 

martes, 11 de junio de 2024

A MORTE E O SEU SÉQUITO

A morte pasea

polo xardín;

non vai soa, 

o seu séquito predilecto

de finados

acompaña a nosa dona.

Leva unha saia de flores

e un delantal de liño

tan longo

que lle fai cóxegas

nos seus enfeitizados pés.

Co cabelo recollido

lucindo un sombreiro de palla

a morte fermosa

percorre os xardíns

mofándose dos vivos.



lunes, 10 de junio de 2024

LEMBRANZAS

Eu son a verba

da túa nai, a lembranza

dun tempo esquecido,

das rúas molladas 

camiño da escola. 

Eu son a néboa

que asubia cantigas

na túa fiestra, 

o candil dos mortos,

un caderno

ateigado de recordos

durmindo no medio 

do chan. 

lunes, 22 de enero de 2024

RAPOSA

O neno gaveou

polo muro de pedra;

no outro lado

ouveaba a raposa

chamando o seu cachorro.

A raposa 

derramaba bágoas

na eternidade, 

transformadas co paso dos séculos

en océanos bravos

para os mariñeiros.

O neno mirouna,

mirou a raposa

encollida no chan.

Como tiña mágoa dela

preguntoulle sen reparos:

_ ¿ Raposa, lévasme 

contigo que non teño

quen me coide

dende que as túas bágoas

enguliron ó meu pai

que faenaba co sua barquiña

no medio do mar?








FIN

La luz que ilumina las mañanas es la misma para todos,  pero nunca será dos veces igual para nosotros.  Pre-implantes de un futuro sobreactu...